Buen libro y gran escritor.



Un millón de vacas é un dos máis divertidos e interesantes libros de relatos que saíron na nosa Lingua. Relatos breves, concisos, cheos de humor e ironía, punxintes, con remates "lóxicos", máxicos e extraordinarios. (XGG, A Nosa Terra, Vigo). Os seus contos están cheos de gracia e son de moi fácil Lectura, pero hai neles, por debaixo da prosa lixeira, dúctil e xugosa que turra polo lector, moita sabedoría, moito oficio, non pouca dor solidaria e unha fantasía de fondo que fan de cada narración unha pequena alfaia literaria. (Xavier Costa Clavell, La Voz de Galicia, A Coruña). Na obra de Rivas nótase o amor polo breve, a paixlón polo sucinto, o cariño polo detalle. (Baldo Cortón, El Progreso, Lugo). A Un millón de vacas débolle o pracer da Lectura gracias ós seus dezasete relatos. Unha prosa precisa e, ó tempo, difuminada, que adoita deixar os finais suspendidos e sacar muito xogo dos diálogos ó desgaire. (Vicente Araguas, Leer, Madrid).